Floema

Floema
Sección transversal dun talo da planta de liño:
1. Medula,
2. Protoxilema,
3. Xilema,
4. Floema,
5. Esclerénquima (Fibra basta),
6. Córtex,
7. Epiderme

O floema[1] ou líber[2][3] é un tecido propio dos vexetais vasculares que se xera a partir do cámbium, e é o responsable do transporte das substancias elaboradas tales coma a sacarosa, os aminoácidos ou os alcaloides, desde órganos produtores (maioritariamente follas) ata órganos consumidores, como flores, froitos ou raíces. Isto explica a necesidade de que sexa un vaso bidireccional.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para floema.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para líber.
  3. Definición de Floema no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy