Flora intestinal

Escherichia coli, unha das principais especies de bacterias presentes no intestino humano.

A flora intestinal ou microbiota intestinal está formada polos microorganismos, fundamentalmente bacterias, que viven no tracto dixestivo dos animais. Forma a maior parte da flora humana.

O corpo humano contén 1012 células de microorganismos nos seus intestinos, un número 10 veces superior ao total das células do propio corpo humano.[1][2][3][4][5] As actividades metabólicas realizadas por estas bacterias lembran ás dun órgano.[6] Estímase que esta flora intestinal ten en conxunto arredor de 100 veces máis xenes ca os do xenoma humano.[7]

As bacterias forman a maior parte da flora do colon e ata o 60% da masa seca das feces.[8] No noso intestino calcúlase que viven entre 300[2] e 1.000 especies diferentes,[3] e, segundo a maioría das estimacións, son unhas 500 especies.[4][6][9] Porén, é probable que o 99% das bacterias presentes pertenzan a unhas 30-40 especies.[10] Os fungos e protozoos tamén forman parte da flora intestinal en menores cantidades, pero pouco se sabe sobre as súas actividades.

As investigacións suxiren que as relacións entre a flora intestinal e os humanos non é simplemente o comensalismo (unha coexistencia non nociva para nós e beneficiosa para a flora), senón tamén o mutualismo (beneficio mutuo).[3] Aínda que unha persoa pode sobrevivir sen a súa flora intestinal,[4] os microorganismos realizan unha serie de funcións útiles para o hóspede, como a fermentación de substratos enerxéticos non utilizados (indixeridos), adestramento do sistema inmunitario, impiden o crecemento de bacterias patóxenas daniñas,[2] regulan o desenvolvemento do intestino, producen vitaminas que poderían ser aproveitadas polo hóspede (como biotina e vitamina K)[11][12][13], e producen hormonas para dirixir o almacenamento de graxas no hóspede. Porén, en certas condicións, algunhas especies pénsase que teñen a capacidade de causar doenzas ao produciren infeccións ou un incremento do risco de cancro no hóspede.[2]

Un 99% das bacterias do intestino son anaerobias,[2][3][10][14] pero no cego, as bacterias aerobias atinguen grandes densidades.[2]

  1. Björkstén B, Sepp E, Julge K, Voor T, Mikelsaar M (2001). "Allergy development and the intestinal microflora during the first year of life". J. Allergy Clin. Immunol. 108 (4): 516–20. PMID 11590374. doi:10.1067/mai.2001.118130. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Guarner F, Malagelada JR (2003). "Gut flora in health and disease" (PDF). Lancet 361 (9356): 512–9. PMID 12583961. doi:10.1016/S0140-6736(03)12489-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de decembro de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Sears CL (2005). "A dynamic partnership: celebrating our gut flora". Anaerobe 11 (5): 247–51. PMID 16701579. doi:10.1016/j.anaerobe.2005.05.001. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Steinhoff U (2005). "Who controls the crowd? New findings and old questions about the intestinal microflora". Immunol Lett 99 (1): 12–6. PMID 15894105. doi:10.1016/j.imlet.2004.12.013. 
  5. Savage DC (1977). "Microbial ecology of the gastrointestinal tract". Annual Review of Microbiology 31: 107–133. PMID 334036. doi:10.1146/annurev.mi.31.100177.000543. 
  6. 6,0 6,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome OHara06
  7. Junjie Qin; et al. (2009). "A human gut microbial gene catalogue established by metagenomic sequencing". Nature 464 (7285): 59–65. PMID 20203603. doi:10.1038/nature08821. Consultado o 2010-03-06. 
  8. Stephen AM, Cummings JH (1980). "The microbial contribution to human faecal mass". J Med Microbiol 13 (1): 45–56. PMID 7359576. doi:10.1099/00222615-13-1-45. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2013. 
  9. Gibson RG (2004). "Fibre and effects on probiotics (the prebiotic concept)". Clinical Nutrition Supplements 1 (2): 25–31. doi:10.1016/j.clnu.2004.09.005. 
  10. 10,0 10,1 Beaugerie L, Petit JC (2004). "Microbial-gut interactions in health and disease. Antibiotic-associated diarrhoea". Best Pract Res Clin Gastroenterol 18 (2): 337–52. PMID 15123074. doi:10.1016/j.bpg.2003.10.002. 
  11. Hill, M. J. (1997-03). "Intestinal flora and endogenous vitamin synthesis". European Journal of Cancer Prevention (en inglés) 6 (2): S43. ISSN 0959-8278. PMID 9167138. 
  12. Conly JM, Stein K. The production of menaquinones (vitamin K2) by intestinal bacteria and their role in maintaining coagulation homeostasis. Prog Food Nutr Sci. 1992 Oct-Dec;16(4):307-43. PMID 1492156. [1]
  13. Albert MJ, Mathan VI, Baker SJ. Vitamin B12 synthesis by human small intestinal bacteria. Nature. 1980 Feb 21;283(5749):781-2. PMID 7354869. [2]
  14. Vedantam G, Hecht DW (2003). "Antibiotics and anaerobes of gut origin". Curr. Opin. Microbiol. 6 (5): 457–61. PMID 14572537. doi:10.1016/j.mib.2003.09.006. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy