Foo Fighters | |
---|---|
Foo Fighters nun concerto acústico en Londres | |
Orixe | Seattle, Estado de Washington, |
Período | 1995 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, post-grunge, hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | RCA, Capitol |
Membros | Dave Grohl Taylor Hawkins Nate Mendel Chris Shiflett Pat Smear Rami Jaffee |
Antigos membros | William Goldsmith Franz Stahl |
Na rede | |
foofighters.com | |
Foo Fighters é unha banda de rock alternativo estadounidense fundada en Seattle (Estado de Washington) en 1995 polo que fora ata ese momento batería de Nirvana, Dave Grohl. Inicialmente foi un proxecto composto só por Grohl, e no seu primeiro traballo, Foo Fighters, foi o único membro oficial, pero este recrutaría aos antigos membros de Sunny Day Real Estate Nate Mendel (baixo) e William Goldsmith (batería), e ao seu compañeiro en Nirvana Pat Smear (guitarra) para completar a formación.