Fotosistema I

Reaccións dependentes da luz da fotosíntese na membrana tilacoidal.
Fotosistema I
Fotosistema I das plantas con LHC I
Identificadores
Número EC 1.97.1.12
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum
Localización dos xenes psa no xenoma do cloroplasto de Arabidopsis thaliana. Os 21 xenes codificantes de proteínas implicados na fotosíntese debuxáronse como cadros verdes.

O fotosistema I (FSI ou PSI polas súas siglas en inglés) ou plastocianina–ferredoxina oxidorredutase) é un dos dous fotosistemas que interveñen nas reaccións luminosas da fotosíntese de plantas, algas e cianobacterias. O fotosistema I [1] é un complexo proteico integral de membrana que usa a enerxía da luz para catalizar unha transferencia de electróns a través da membrana dos tilacoides desde a plastocianina á ferredoxina. Finalmente, os electróns que son transferidos polo fotosistema I utilízanse para producir o carrexador de hidróxenos de enerxía moderada NADPH.[2] A enerxía do fotón absorbida polo fotosistema I tamén produce unha forza protón-motriz que se utiliza para xerar ATP. O fotosistema I está composto por máis de 110 cofactores, que son bastantes máis que os do fotosistema II.[3]

  1. Golbeck JH (1987). "Structure, function and organization of the Photosystem I reaction center complex". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Reviews on Bioenergetics 895 (3): 167–204. PMID 3333014. doi:10.1016/s0304-4173(87)80002-2. 
  2. Yamori W, Shikanai T (abril de 2016). "Physiological Functions of Cyclic Electron Transport Around Photosystem I in Sustaining Photosynthesis and Plant Growth". Annual Review of Plant Biology 67: 81–106. PMID 26927905. doi:10.1146/annurev-arplant-043015-112002. 
  3. Nelson N, Yocum CF (2006). "Structure and function of photosystems I and II". Annual Review of Plant Biology 57: 521–65. PMID 16669773. doi:10.1146/annurev.arplant.57.032905.105350. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in