Fragas do Eume

Modelo:Xeografía físicaFragas do Eume
Imaxe
Tipoespazo natural protexido
Zona de especial conservación
parque natural Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCabanas, España, A Capela, España, Monfero, España, Pontedeume, España e As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCentro de Recepción: Ombre-Caaveiro, km 5. Oficina do Parque Natural: Esteiro, 23,Nogueirosa - Pontedeume Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°25′03″N 8°04′06″O / 43.4175, -8.0683
Características
Superficie9.178,68692 ha Editar o valor en Wikidata
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 389014 Editar o valor en Wikidata
Área protexida da rede Natura 2000
IdentificadorEditar o valor en Wikidata ES1110003 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación30 de xullo de 1997 Editar o valor en Wikidata
Sinal do parque das fragas do Eume.

As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997[1], ademais de ZEC[2][3][4][5], que abrangue 9.126 hectáreas[6] nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente.[7] Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados. A área declarada zona especial de conservación (ZEC) coinciden cos límites do parque natural.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo[8]. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.[7]

  1. Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume (DOG nº 110, do 5.06.1996) e Decreto 218/1997, do 30 de xullo, polo que se declaran o parque natural das Fragas do Eume (DOG nº 153, de 11.08.1997).
  2. "Decisión da Comisión, do 7 de decembro de 2004, polaa que aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da región bioxeográfica atlántica [notificada co número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de dicembro de 2004, páxinas da 1 á 96 (96 págs.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 2017-07-07. 
  3. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07. 
  4. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07. 
  5. "Fragas do Eume Código ZEC ES1110003. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 2017-07-07. 
  6. A superficie total protexida é exactamente de 9.125,65 ha, segundo o Decreto da Xunta de Galicia polo que se aproba o PORN do Parque, das que 3.253 ha corresponden á zona de fragas propiamente dita e o resto a zonas de reserva, de mato e pasto, de aproveitamento agropecuario e maila rede fluvial.
  7. 7,0 7,1 Xunta de Galicia (ed.). "Guía Informativa - Fragas do Eume" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de febreiro de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  8. Guía de espacios naturais de Galicia, páx. 111.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in