FreeDOS

FreeDOS
FreeDOS 1.1
DesenvolvedorJim Hall & The FreeDOS Team
Familia de S.O.DOS
Lanzamento12 de xaneiro de 1998
Modelo de desenvolvementoCódigo aberto[1]
Tipo de núcleoMonolítico[2]
LicenzaGPL[1]
Última versión estable1.1 2 de xaneiro de 2012
Sitio webhttp://www.freedos.org

FreeDOS (anteriormente coñecido como Free-DOS e PD-DOS) é un sistema operativo para ordenadores compatibles IBM que se desenvolveu como unha alternativa libre a MS-DOS tras o anuncio de Microsoft de poñer fin ao seu soporte como un produto separado en 1994 e deixalo tan só como parte do seu sistema Windows. Distribúese baixo licenza GPL e inclúe algunhas características que non estaban presentes no MS-DOS como controlador Ultra-DMA, soporte para discos grandes (LBA) e o sistema de arquivos FAT32, o controlador DOSLFN para usar os nomes de arquivo longos de VFAT ou o soporte do hardware actual como pode ser o USB. A primeira versión alpha (0.05) lanzouse o 12 de xaneiro de 1998 e estivo dispoñible en diversas versións beta ata que o 3 de setembro de 2006 saíu a primeira versión estable (1.0) e en xaneiro de 2012 apareceu a versión 1.1[3]. Componse de moitos programas diferentes e separados que actúan como paquetes.

  1. 1,0 1,1 "The FreeDOS Project". SourceForge. 2006-05-21. Consultado o 2008-01-02. 
  2. Villani, Pat (1996). FreeDOS Kernel (en inglés). Emeryville, CA, USA: Miller Freeman. ISBN 0-87930-436-7. 
  3. "FreeDOS 1.1 released after 17 years". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 04 de marzo de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in