Gai

Para o artigo sobre o lugar, véxase Gai, Vilaxuste, Portomarín

Comunidade homosexual na Arxentina.

Un gai[1][2] ou gay[3][4] (do inglés gay, esta do francés gai e esta do latín gaudio) é un home homosexual que mantén unha certa actitude e un certo estilo de vida que implican a reivindicación e a afirmación da súa orientación sexual en pé de igualdade coas demais. Porén, na linguaxe coloquial emprégase con frecuencia como sinónimo de homosexual, do mesmo modo que na tradición anglosaxoa abrangue tanto homes como mulleres[5].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gai.
  2. Termo recollido no Gran Dicionario Xerais da Lingua (2009), con 2 acepcións: 1. Relativo á homosexualidade masculina. 2. Home homosexual.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gay.
  4. Definición de gay* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. HIDALGO, M. (01/2005). www.revistafusion.com, ed. "Pedro Zerolo". Consultado o 23/01/2011.  (en castelán)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in