Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Galadriel | |
---|---|
Personaxe de O Silmarillion e O Señor dos Aneis | |
Creador(es) | J. R. R. Tolkien |
Capítulo(s) | O Silmarillion: «Of Eldamar and the Princes of the Eldalië» «Of the Flight of the Noldor» «Of the Return of the Noldor» «Of the Noldor in Beleriand» «Of the Ruin of Doriath» «Of the Voyage of Eärendil and the War of Wrath» «Of the Rings of Power and the Third Age» O Señor dos Aneis: «O espello de Galadriel» «Adeus a Lórien» «O senescal e o rei» «Numerosas separacións» «Os Portos Grises» |
Información | |
Alcume | A Dama de Lórien A Dama dos Galadhrim Dama da Luz A Dama do Bosque |
Raza | Elfos Noldor |
Sexo | Feminino |
Nacemento | 1362 E. A.[1] |
Título | Dama dos galadhrim |
Familia | Finarfin (pai) Eärwen (mai) Finrod (irmán) Orodreth (irmán) Angrod (irmán) Aegnor (irmán) |
Cónxuxe | Celeborn |
Fillos | Celebrían |
Nacionalidade | Galadhrim |
Perfil en IMDb |
Galadriel é un personaxe ficticio creado por J. R. R. Tolkien e que figura no seu legendarium. Aparece n'O Señor dos Aneis, O Silmarillion e mais en Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth.
Era unha elfa da realeza de tanto os Noldor como os Teleri, ao ser neta dos reis Finwë e Olwë, e mantiña tamén un estreito parentesco co rei Ingwë dos Vanyar por medio da súa avoa Indis. Cara á fin da súa estadía na Terra Media foi a co-gobernante de Lothlórien xunto co seu esposo, o Señor Celeborn, e era coñecida polos diversos nomes de A Dama de Lórien, A Dama dos Galadhrim, Dama da Luz e A Dama do Bosque.