Galaxia

NGC 4414, unha típica galaxia en espiral na constelación Coma Berenices.

Unha galaxia é un sistema de estrelas, restos estelares, gases interestelares, po cósmico e materia escura ligados gravitacionalmente entre si.[1][2] O termo "galaxia" provén do latín galaxĭas, que deriva do grego galaxías γαλαξίας, que significa literalmente 'leitoso',[3] en referencia á Vía Láctea. As galaxias poden variar en tamaño dende as ananas que conteñen uns poucos miles (103) de estrelas ata as xigantes que poden chegar a ter un trillón (1014) de estrelas,[4] con cada unha destas orbitando o centro de masa da galaxia. As galaxias categorízanse segundo a súa morfoloxía visual en elípticas,[5] en espiral e irregulares.[6] Pénsase que o núcleo activo de moitas galaxias é un burato negro. O burato negro central da Vía Láctea coñécese co nome de Sagittarius A*, e ten unha masa catro millóns de veces maior que o Sol.[7] A data de xullo de 2015, EGSY8p7 era a galaxia máis vella e distante coñecida con respecto a Terra, a unha distancia de 13 200 millóns de anos luz da Terra e observada como existía 570 millóns de anos tralo Big Bang.[8][9][10] Previamente, a data de maio de 2015, EGS-zs8-1 era a galaxia máis remota coñecida, a uns 13 100 millóns de anos luz e cun 15% estimado da masa da Vía Láctea.[11][12][13] Desde abril de 2022 a galaxia máis afastada coñecida é a HD1.[14][15]

Existen aproximadamente entre 170 mil millóns (1.7 × 1011) e 200 mil millóns (2.0 × 1011) de galaxias no universo observable.[16] A maioría das galaxias son de entre 1000 ata 100 000 parsecs de diámetro e atópanse separadas entre elas a distancias da orde de millóns de parsecs (ou megaparsecs). O espazo entre galaxias contén un gas tenue cunha densidade media menor a un átomo por metro cúbico. A maioría de galaxias organízanse gravitacionalmente en asociacións coñecidas como agrupacións galácticas, cúmulos e supercúmulos. Nas maiores escalas estas asociacións distribúense xeralmente en forma de filamentos rodeados de baleiros inmensos.[17]

  1. Sparke, L. S.; Gallagher III, J. S. (2000). Galaxies in the Universe: An Introduction. Cambridge University Press. p. i. ISBN 0-521-59740-4. 
  2. Hupp, E.; Roy, S.; Watzke, M. (12 de agostos de 2006). "NASA Finds Direct Proof of Dark Matter". NASA. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2020. Consultado o 17 de abril de 2007. 
  3. Meixide Figueiras, Cándido (coord.) (2016). Dicionario Secundaria e Bacharelato Cumio da lingua galega. Edicións do Cumio. ISBN 978-84-8289-519-2. 
  4. Uson, J. M.; Boughn, S. P.; Kuhn, J. R. (1990). "The central galaxy in Abell 2029 – An old supergiant". Science 250 (4980): 539–540. Bibcode:1990Sci...250..539U. doi:10.1126/science.250.4980.539. 
  5. Hoover, A. (16 de xuño de 2003). "UF Astronomers: Universe Slightly Simpler Than Expected". Hubble News Desk. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 4 de marzo de 2011.  Baseado en:
  6. Jarrett, T. H. "Near-Infrared Galaxy Morphology Atlas". California Institute of Technology. Consultado o 9 de xaneiro de 2007. 
  7. Finley, D.; Aguilar, D. (2 de novembro de 2005). "Astronomers Get Closest Look Yet At Milky Way's Mysterious Core". National Radio Astronomy Observatory. Consultado o 10 de agosto de 2006. 
  8. Wall, Mike (5 de agosto de 2015). "Ancient Galaxy Is Most Distant Ever Found". Space.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  9. "A new record: Keck Observatory measures most distant galaxy" (Nota de prensa). W. M. Keck Observatory. Astronomy Now. 6 de agosto de 2015. 
  10. Winkler, Mario De Leo (15 de xullo de 2015). "The Farthest Object in the Universe". Huffington Post. 
  11. Oesch, P. A.; van Dokkum, P. G.; Illingworth, G. D.; Bouwens, R. J.; Momcheva, I.; Holden, B.; Roberts-Borsani, G. W.; Smit, R.; Franx, M.; Labbe, I.; Gonzalez, V.; Magee, D. (3 de maio de 2015). "A Spectroscopic Redshift Measurement for a Luminous Lyman Break Galaxy at z=7.730 using Keck/MOSFIRE" (PDF). The Astrophysical Journal Letters 804 (2). Bibcode:2015arXiv150205399O. arXiv:1502.05399. doi:10.1088/2041-8205/804/2/L30. 
  12. "Astronomers unveil the farthest galaxy". Phys.org. 5 de maio de 2015. Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  13. Borenstein, Seth (5 de maio de 2015). "Astronomers find farthest galaxy: 13.1 billion light-years". AP News. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 6 de maio de 2015. 
  14. Wenz, John. "Look! Astronomers may have just discovered the most distant galaxy ever". Inverse (en inglés). Consultado o 2022-04-09. 
  15. Overbye, Dennis (2022-04-07). "Astronomers Find What Might Be the Most Distant Galaxy Yet". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-04-09. 
  16. Gott III, J. R.; et al. (2005). "A Map of the Universe". Astrophysical Journal 624 (2): 463–484. Bibcode:2005ApJ...624..463G. arXiv:astro-ph/0310571. doi:10.1086/428890. 
  17. "Galaxy Clusters and Large-Scale Structure". University of Cambridge. Consultado o 15 de xaneiro de 2007. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in