Game Boy Micro

Logo da Game Boy Micro.
Game Boy Micro prateada.
Exposición de consolas Game Boy Micro en varias cores.

A Game Boy Micro (en xaponés: ゲームボーイミクロ) é unha pequena videoconsola pórtatil da empresa xaponesa Nintendo. Lanzada ao mercado en 2005, trátase do derradeiro modelo de Game Boy e o segundo redeseño da Game Boy Advance, á cal se cambiou o seu deseño, facéndoo así máis pequeno, lixeiro e moderno. Contén unha batería de ión litio e unha pantalla retroalumada con axuste de intensidade. Hai máis de 5 deseños, entre eles o prata, o vermello, o rosa, o azul e o verde. A Micro só é compatíbel cos xogos das Game Boy Advance, xa que non posúe o hardware necesario pra a compatibilidade cos xogos de Game Boy e Game Boy Color.[1]

  1. Game Boy Micro cumple 15 años desde su estreno en Japón: Nintendo está de celebración por partida doble. www.hobbyconsolas.com.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy