Garavanzo | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Garavanzos secos | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Cicer arietinum L. 1753 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
O garavanzo[1] (Cicer arietinum) é unha planta da familia das leguminosas, igual que o chícharo. Cultívase nas rexións mediterráneas e produce un gran comestíbel. Presenta unha dobre vantaxe: alto contido de glícidos asimilábeis e unha porcentaxe elevada en proteínas vexetais.
A planta do garavanzo mide de 20 a 50 cm de altura. O gran, tamén chamado de garavanzo, é redondo e acaba nunha punta. Ao cociñalo (sobre unha hora) conserva a súa forma.
Os seus principais constituíntes son: lípidos, amidón, azucres, sales minerais (fósforo, potasio, magnesio, calcio, sodio, silicio, ferro), arsénico, asparaxina e vitaminas C e B.
A produción mundial de garavanzo está cerca dos oito millóns de toneladas. O garavanzo está ben adaptado aos climas de tipo mediterráneo, como España, Turquía, o Magreb e o sur da Francia. En Galicia pode cultivarse mais non é tan común coma en zonas máis secas coma Castela e o mediterráneo español[2]. O seu cultivo mellora os solos secos e é excelente en rotación, principalmente ao terceiro ano despois do trigo duro.