Garfo

Un garfo metálico.

Un garfo é un utensilio de mesa que consta dun mango e unha cabeza con gallos, normalmente tres ou catro, longos na punta que se emprega para furar, soster ou transportar algo. Foi utilizado primeiro en occidente, mentres que en oriente foron máis populares os escarvadentes. Hoxe en día, con todo, os garfos utilízanse tamén en Asia.

En particular utilízase para levar comida á boca ou para fixar algo mentres se cociña ou se corta.

O transporte a miúdo realízase sen furar, simplemente colocando a comida sobre os dentes horizontais. É por este uso tan similar ao dunha culler que os dentes do garfo son curvos.

Existen diferentes tipos de garfo segundo o uso ao que vaia dirixido. Por exemplo, se é para carne, peixe ou sobremesa.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in