Goston Thorn, nado o 3 de setembro de 1928 e finado o 26 de agosto de 2007, foi un político luxemburgués, presidente da Comisión Europea (1981 — 1985).
Naceu na cidade de Luxemburgo. Mentres que aínda estaba na escola uniuse a actividades da resistencia durante a ocupación alemá, e pasou varios meses na prisión. Despois da guerra estudou lei en Montpellier, Lausana e París, e practicou o dereito en Luxemburgo antes de se incorporar á política en 1959, representando o Partido Democrático Liberal, do que foi presidente a partir de 1961. Foi ministro de asuntos exteriores e ministro do comercio exterior de Luxemburgo de 1969 ó 1980, primeiro ministro entre 1974 e 1979 e ministro de economía desde 1977 ó 1980. Foi tamén membro do Parlamento Europeo entre 1959 a 1969. Elixido en 1980 presidente da Comisión das Comunidades Europeas (agora chamada a Unión Europea), sucedendo a Roy Jenkins. Tomou posesión o 12 de xaneiro de 1981. Visto politicamente moi próximo do presidente de Francia, Valéry Giscard d'Estaing, e en xeral como un defensor dos intereses franceses en políticas europeas.
Predecesor: Roy Jenkins |
Presidente da Comisión Europea 1981 - 1985 |
Sucesor: Jacques Delors |