George S. Patton

Modelo:BiografíaGeorge S. Patton

(1945) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) George Smith Patton, Jr. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1885 Editar o valor en Wikidata
São Gabriel, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte21 de decembro de 1945 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Heidelberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLuxembourg American Cemetery and Memorial (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUnited States Army War College (en) Traducir
Virginia Military Institute (en) Traducir
United States Army Command and General Staff College (en) Traducir
Academia Militar dos Estados Unidos (pt) Traducir
Douglass High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónautobiógrafo, nadador, oficial, soldado Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1909 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Carreira militar
LealdadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército dos Estados Unidos de América e Cavalaria dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militargeneral (en) Traducir
Xeneral Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Central do Exército dos Estados Unidos (pt) Traducir, 2nd Armored Division (pt) Traducir, United States Army Europe and Africa (en) Traducir, Fifteenth United States Army (en) Traducir, II Corps (en) Traducir e Seventh United States Army (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial
segunda guerra mundial
Guerra de fronteira mexicano-americana (pt) Traducir
Expedição Pancho Villa (pt) Traducir
Operación Torch
Operation Fortitude (pt) Traducir
Batalha de Cambrai (pt) Traducir
Batalha de El Guettar (pt) Traducir
Invasão Aliada da Sicília (pt) Traducir
Batalla das Ardenas Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportenatación
péntatlon moderno Editar o valor en Wikidata
Participou en
1912Xogos Olímpicos de 1912 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBeatrice Banning Ayer (1910–1945), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosGeorge Patton IV Editar o valor en Wikidata
PaisGeorge S. Patton Editar o valor en Wikidata  e Ruth Wilson Editar o valor en Wikidata
ParentesLouis DuBois, devanceiro Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
regional database of the Pilsen City Library (en) Traducir >>>:Patton, George S. (George Smith), 1885-1945, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0666567 BNE: XX1062562 WikiTree: Patton-1782 Find a Grave: 4962 Editar o valor en Wikidata

George Smith Patton Jr., nado en San Gabriel (California), o 11 de novembro de 1885 e finado en Heidelberg (Alemaña) o 21 de decembro de 1945, coñecido tamén como o xeneral Patton, foi un oficial do exército dos Estados Unidos. Comandou o 7º Exército dos Estados Unidos nos teatros de operacións de Europa e do Mediterráneo durante a segunda guerra mundial, aínda que é máis coñecido por liderar o 3º Exército dos Estados Unidos en Francia e Alemaña trala invasión de Normandía por parte dos Aliados en xuño de 1944.

Nado en 1885 no seo dunha familia cunha longa tradición militar, Patton asistiu ó Instituto Militar de Virxinia e posteriormente á Academia Militar dos Estados Unidos en West Point. Participou nos Xogos Olímpicos de 1912 na disciplina de péntatlon, acadando a quinta posición. Tras esta participación, Patton estudou esgrima en Francia e deseñou o Sabre de Cabalaría M1913, que pasaría a ser coñecido como a "Espada Patton" e do que o Departamento de Guerra ordenou producir 20 000 unidades en 1913. Nese mesmo ano Patton foi destinado como "Mestre da Espada" e principal instrutor dun novo curso de loita con espadas na Mounted Service School de Fort Riley, Kansas.

A súa primeira participación militar tivo lugar durante a Expedición Pancho Villa en 1916, formando parte da primeira acción militar estadounidense que utilizou vehículos a motor. Uniuse posteriormente ó naquel entón recentemente creado Corpo de Tanques da Forza Expedicionaria dos Estados Unidos, participando na primeira guerra mundial comandando a escola estadounidense de tanques en Francia e recibindo unha ferida mentres lideraba un corpo de tanques durante un combate cara ó final da guerra. Durante o período de entreguerras Patton mantívose como unha figura central no desenvolvemento da doutrina de guerra blindada do exército estadounidense, servindo en diversos postos administrativos por todo o país. Tras varios ascensos, atopábase no mando da Segunda División Blindada no momento en que os Estados Unidos entrou na segunda guerra mundial.

Patton liderou as tropas estadounidenses no Mediterráneo cunha invasión de Casablanca durante a Operación Torch en 1942, establecéndose como un comandante efectivo trala súa rápida rehabilitación do 2º Corpo do Exército. Liderou o 7º Exército durante a invasión aliada de Sicilia, sendo o primeiro comandante aliado en chegar a Messina. Alí viuse involucrado nunha controversia cando lle propinou unha labazada a dous soldados en estado de shock que estaban baixo o seu mando, polo que foi temporalmente destituído do mando. Retornou ó mando do 3º Exército trala invasión de Normandía en xuño de 1944, liderando con éxito o rápido avance blindado dos Aliados a través de Francia. Liderou a liberación das tropas estadounidenses asediadas no asedio de Bastogne durante a batalla das Ardenas, chegando co seu 3º exército a territorio da Alemaña nazi cara ó final da guerra.

Trala guerra pasou a ser o gobernador militar de Bavaria, pero foi destituído deste posto tralas súas afirmacións sobre a desnazificación. Pasou a comandar o 15º Exército dos Estados Unidos durante pouco máis de dous meses, falecendo en Heidelberg o 21 de decembro de 1945 como resultado das feridas sufridas nun accidente automobilístico doce días antes.

A súa imaxe peculiar xunto coa súa personalidade ambiciosa e enerxética, así como o seu éxito como comandante militar, víronse en diversas ocasións escurecidos polas súas controvertidas declaracións públicas e algunhas afirmacións privadas racistas e antisemitas. A súa filosofía de liderar dende a fronte e a súa capacidade para inspirar as tropas con discursos cheos de vulgaridades, como por exemplo o seu discurso ó 3º Exército, fixeron que recibise unha consideración favorable, mentres que a súa énfase nas accións militares ofensivas rápidas e agresivas resultaron ser efectivas no transcurso da guerra. Mentres que os líderes Aliados mantiñan opinións moi diversas sobre Patton, os seus opoñentes do Alto Mando Alemán tiñan unha gran consideración del. O filme biográfico de 1970 Patton acadou unha gran popularidade e axudou a que Patton pasase a ser considerado un heroe popular para os estadounidenses.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in