Globomedia | |
---|---|
Tipo | negocio e empresa |
Data de fundación | 26 de outubro de 1993 |
Fundador(es) | Emilio Aragón Álvarez e Daniel Écija |
Sede | Madrid |
País | España |
40°30′54″N 3°40′22″O / 40.515, -3.6727777777778 | |
Na rede | |
http://www.globomedia.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Globomedia é unha produtora de televisión española, creadora de series de ficción, programas de entretemento, películas, anuncios de televisión e outros contidos audiovisuais. Dende 2009 está presidida por Daniel Écija. Forma parte do Grupo Globomedia, un conglomerado de empresas que actúa en toda a cadea de valor do audiovisual, con presenza en máis de 150 países de todo o mundo.
Globomedia produciu ata abril de 2015 un total de 40 series de ficción, 114 programas de entretemento, 12 longametraxes, 8 espectáculos teatrais e numerosas galas e especiais de televisión.