Glote

Cartilaxe aritenoides.

A glote é un órgano da larinxe formado polas cordas vocais e a abertura existente entre elas (abertura glótica). Ten forma triangular, un tamaño duns 16 mm e pódese abrir 12 mm. A súa abertura ou fechamento total ou parcial prodúcese mediante o afastamento ou achegamento das cordas vocais, arrastradas polos aritenoides e os músculos que as controlan.

Durante a respiración normal e durante a articulación das consoantes aspiradas, a glote fica aberta. Para articular as vogais e a maioría das consoantes sonoras, féchase a glote e só se abre periodicamente baixo a presión do aire. Esas aberturas e fechamentos sucesivos provocan unhas ondas que producen o murmurio larínxeo chamado voz. Cando se fala en voz baixa, a glote fica medio fechada.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in