Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Golden State Warriors | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Pacífico |
Fundación | 1946 |
Historia | Philadelphia Warriors (1946–1962) San Francisco Warriors (1962–1971) |
Cores | Azul, amarelo |
G League | Santa Cruz Warriors |
Retirados | 6 (13, 14, 16, 17, 24, 42) |
Localización | |
Cidade | Oakland (California) |
Pavillón | Oracle Arena |
Capacidade | 19.596 espectadores |
Inauguración | 9 de novembro de 1966 |
Persoal | |
Propietario(s) | Joe Lacob, Peter Guber |
Director | Bob Myers |
Adestrador | Steve Kerr |
Títulos | |
Campión | 7 (1947, 1956, 1975, 2015, 2017, 2018, 2022) |
Conferencia | 11 (1947, 1948, 1956, 1964, 1967, 1975, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019) |
División | 7 (1975, 1976, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019) |
warriors.com |
Os Golden State Warriors son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Oakland (California). Forman parte da División Pacífico da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA) e xogan os seus partidos como local no Oracle Arena, un pavillón con capacidade para 19.596 espectadores.
O equipo foi fundado foi en 1946 na cidade de Filadelfia, no estado Pensilvania, xa co nome de Warriors. Durante esa época o equipo gañou o campionato da tempada inaugural da Basketball Association of America (BAA), torneo que acabaría derivando na actual NBA. En 1962, a franquía trasladouse a San Francisco, en California, pasando o equipo a chamarse San Francisco Warriors. Finalmente, en 1971 cambia o seu nome foi polo actual de Golden State Warriors, en referencia ao alcume do Estado califoniano: o "Estado Dourado" (en inglés: Golden State).
Os Warriors xogan no Oracle Arena de Oakland desde 1966, con algunha excepción durante os primeiros anos e ininterrompidamente desde 1971. Porén, en abril de 2014, a franquía anuncia que se trasladará a un novo pavillón situado na cidade de San Francisco para a tempada 2018-19. Ademais do seu título na tempada inaugural da BAA, os Warriors acadaron o título de campións noutras catro ocasións, na tempada 1955-1956 como Philadelphia Warriors, onde venceron na final aos Fort Wayne Pistons; en 1974-1975, xa como Golden State Warriors, onde venceron aos Washington Bullets; e nas tempadas 2014-15 e 2016-17, onde se impuxeron aos Cleveland Cavaliers. Por mor disto son o quinto equipo en canto a palmarés da NBA. Os Warriors retiraron o dorsal a algúns dos seus xogadores máis destacados ao longo da historia: Wilt Chamberlain, Tom Meschery, Al Attles, Chris Mullin, Rick Barry e Nate Thurmond.