As gonadotropinas son hormonas glicoproteicas (ás veces abreviadas Gn) segregadas polas células gonadotropas da hipófise (pituitaria) dos vertebrados e nos primates e équidos tamén pola placenta.[1][2][3] Trátase dunha familia de proteínas, que inclúe as hormonas de mamíferos hormona estimulante dos folículos (FSH), hormona luteinizante (LH), e as gonadotropinas coriónicas placentarias de humanos e equinos (hCG e eCG)[4] e a gonadotropina coriónica doutros primates (CG), xunto con polo menos dúas formas de gonadotropinas de peixes. Estas hormonas desempeñan un papel central no complexo sistema endócrino que regula o crecemento normal, desenvolvemento sexual, e función reprodutiva.[5] O seu nome procede de que afectan ás gónadas. As hormonas LH e FSH segréganse na adenohipófise (pituitaria anterior), e a hCG e eCG segréganse na placenta.[6]
Non todas as hormonas glicoproteicas son gonadotropinas. A hormona estimulante da tiroide (TSH) é tamén unha hormona glicoproteica con subunidade alfa, pero non afecta ás gónadas senón á glándula tiroide. A eritropoetina (EPO) tamén é glicoproteica pero non relacionada coas anteriores, e controla a formación de células sanguíneas.
- ↑ Ishwar S., Parhar (2002). Elsevier - Amsterdam, ed. Gonadotropin-releasing Hormone: Molecules and Receptors. ISBN 0-444-50979-8.
- ↑ Pierce JG, Parsons TF (1981). "Glycoprotein hormones: structure and function". Annu. Rev. Biochem. 50: 465–495. PMID 6267989. doi:10.1146/annurev.bi.50.070181.002341.
- ↑ Stockell Hartree A, Renwick AG (1992). "Molecular structures of glycoprotein hormones and functions of their carbohydrate components". Biochem. J. 287 (Pt 3): 665–679. PMC 1133060. PMID 1445230.
- ↑ Goodwin RG, Moncman CL, Rottman FM, Nilson JH (1983). "Characterization and nucleotide sequence of the gene for the common alpha subunit of the bovine pituitary glycoprotein hormones". Nucleic Acids Res. 11 (19): 6873–6882. PMC 326420. PMID 6314263. doi:10.1093/nar/11.19.6873.
- ↑ Godine JE, Chin WW, Habener JF (1982). "alpha Subunit of rat pituitary glycoprotein hormones. Primary structure of the precursor determined from the nucleotide sequence of cloned cDNAs". J. Biol. Chem. 257 (14): 8368–8371. PMID 6177696.
- ↑ Golos TG, Durning M, Fisher JM (1991). "Molecular cloning of the rhesus glycoprotein hormone alpha-subunit gene". DNA Cell Biol. 10 (5): 367–380. PMID 1713773. doi:10.1089/dna.1991.10.367.