Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Google Inc. | |
---|---|
Tipo | En bolsa GOOG, GGEA |
Fundación | 27 de setembro de 1998 Menlo Park, CA, Estados Unidos |
Localización | Mountain View, CA, Estados Unidos |
Persoas clave | Eric E. Schmidt, CEO/Director Sergey Brin, Cofundador, Presidente de tecnoloxías Larry E. Page, Cofundador, Presidente de produtos George Reyes, CFO |
Industria | Internet |
Produtos | Google Search Gmail Google Maps Google News Google SketchUp Google Vídeos Google Earth |
Beneficio | 16 593 000 USD (2007)[1] |
Número de empregados | 13.748 (30 de xuño de 2007) |
Na rede | |
https://about.google/, https://www.google.com/, https://blog.google/, https://www.google.es e https://www.google.co.uk/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Google Inc. é a empresa propietaria da marca Google, cuxo principal produto é o motor de procura do mesmo nome. Foi fundada o 27 de setembro de 1998 por Larry Page e Sergey Brin (dous estudantes de doutoramento en ciencias da computación da Universidade Stanford).
Malia ser o buscador o seu principal produto, a empresa ofrece tamén entre outros servizos: un comparador de prezos chamado Froogle, aínda que logo pasou a chamarse Google Product, un motor de procura para material almacenado en discos locais Google Desktop Search, e un servizo que revolucionou o mundo do correo electrónico gratuíto chamado Gmail, o cal dispón para os seus usuarios máis de 6,5 GB (marzo de 2008) de espazo e vai aumentando constantemente a razón de 4 bytes por segundo. Tamén é famoso o seu programa Google Earth, mapamundi en 3D con imaxes de alta resolución. Recentemente lanzou a súa versión beta de mensaxería instantánea Google Talk.
Google está traballando en varios proxectos para aumentar o número de usuarios de Internet e facilitar os recursos para que estes poidan acceder á rede. Entre os proxectos destacan o PC de 100 dólares, aplicacións GNU, Google Docs & Spreadsheets, colaboración[2] e promoción de aplicacións de software libre como Mozilla Firefox,[3] instalación de varias redes inalámbricas de balde,[4] desenvolvemento dun sistema de protocolo aberto de comunicación por voz,[5] entre outros. Ademais especúlase que estaría traballando no desenvolvemento dun sistema operativo[6] un Google Office,[7] e unha rede global de fibra óptica,[8] Vint Cerf, considerado un dos pais de Internet, foi contratado por Google en 2005. A compañía cotiza na bolsa NASDAQ baixo a clave de GOOG.