Grafito | |
---|---|
Grafito na súa típica cor gris | |
Fórmula química | C |
Clase | Elementos nativos |
Sistema cristalino | Hexagonal |
Cor | De gris clara a gris escura |
Brillo | Submetálico |
Dureza | 1-2 |
Fractura | Irregular |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Gris metálica |
Densidade | 2,1-2,3 g/cm3 |
O grafito[1][2] (tamén chamado en ocasións plumbaxina ou chumbo negro) é unha das formas coñecidas nas que se pode presentar o carbono. Outra forma ben coñecida é o diamante. É, polo tanto, un mineral da clase dos elementos navitos cuxa fórmula química é C.