Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Inglaterra | ||||
Rexións | Noroeste de Inglaterra - North West England | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.867.800 (2021) (2.247,52 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.275,9821 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1 de abril de 1974 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Greater Manchester (en) | Andy Burnham (pt) (2017–) | ||||
Código NUTS | UKD3 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
O Gran Manchester (Greater Manchester) é un condado metropolitano da rexión noroeste de Inglaterra, cunha poboación de 2,56 millóns de habitantes. Alberga unha das maiores áreas metropolitanas do Reino Unido e comprende dez municipios metropolitanos: Bolton, Bury, Oldham, Rochdale, Stockport, Tameside, Trafford, Wigan e as cidades de Salford e Manchester. O Gran Manchester foi creado o 1 de abril de 1974 como resultado da Acta do Goberno Local de 1972.
O condado metropolitano non ten costa e limita cos condados de Cheshire (ao suroeste e ao sur), Derbyshire (ao sueste), Yorkshire do Oeste (ao nordeste), Lancashire (ao norte) e Merseyside (ao oeste). A Área Urbana do Gran Manchester é a terceira aglomeración máis poboada do Reino Unido e esténdese pola maior parte do terreo do condado. Posto que se trata dun condado cerimonial, o Gran Manchester posúe un Lord Tenente e un Alto Sheriff.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Manchester |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |