Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Yas Marina 24°28′13″N 54°36′22″L / 24.470244, 54.606075 |
Lonxitude | 5,554 km |
País | Emiratos Árabes Unidos |
Vixencia | 2009 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Max Verstappen |
Outro | |
Páxina web oficial | abudhabigp.com |
O Gran Premio de Abu Zabi (en árabe: أبوظبي سباق الجائزة الكبرى) é unha carreira de Fórmula 1. Anúnciouse a principios de 2007 no Festival de F1 de Abu Zabi nos Emiratos Árabes. A primeira carreira disputouse o 1 de novembro de 2009, no Circuíto de Yas Marina deseñado por Hermann Tilke.
O 25 de xuño de 2008, a FIA presentou o calendario provisional de Fórmula 1 de 2009, que incluía o Gran Premio de Abu Zabi como a 19ª carreira e última da tempada o 15 de novembro. O 5 de novembro de 2008, anunciouse que a carreira sería disputada o 1 de novembro, dúas semanas antes da data inicialmente prevista, como 17ª carreira e última da tempada.
A carreira foi a primeira carreira nocturna da Fórmula 1, comezando ás 17:00 hora local. Os reflectores que serven para iluminar o circuíto son encendidos desde o inicio do evento para garantir que hai unha transición suave da luz do día a escuridade da noite.