Gran Premio de Austria de 1975

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Austria de 1975
Nome oficialVIII Austrian Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Austria Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónA1-Ring (Spielberg) 47°13′11″N 14°45′53″L / 47.219722222222, 14.764722222222 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude4,318 km Editar o valor en Wikidata
PaísAustria Editar o valor en Wikidata
Data17 de agosto de 1975 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoVittorio Brambilla Editar o valor en Wikidata
Pole positionNiki Lauda Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaVittorio Brambilla Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Austria de 1975 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 17 de agosto de 1975. Foi a 12ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1975, e o oitavo Gran Premio de Austria o sexto, que se celebrou en Österreichring. Levouse a cabo sobre 29 das 54 voltas programadas para cubrir unha distancia de carreira de 171 quilómetros. A carreira foi acurtada pola choiva, o que significou que se outorgaron só a metade de puntos.

Baixo a forte choiva, a carreira foi gañada polo piloto italiano Vittorio Brambilla pilotando un March 751. Foi a única vitoria de Fórmula Un de Brambilla nos seus sete anos de andaina na Fórmula 1. Logrou a vitoria por 27 segundos sobre o británico James Hunt no seu Hesketh 308. Oito segundos máis atrás quedou o Shadow DN5 do piloto británico Tom Pryce no primeiro dos seus dous podios da súa curta carreira.

Con Carlos Reutemann e Emerson Fittipaldi fora dos puntos, a sexta posición de Niki Lauda permitiulle ampliar a súa vantaxe a 17´5 puntos. Si Lauda anotaba un punto no Gran Premio de Italia, o piloto austríaco lograría o campionato.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in