Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Paul Ricard (Le Castellet) 43°15′02″N 5°47′30″L / 43.250555555556, 5.7916666666667 |
Lonxitude | 5,842 km |
País | Francia |
Vixencia | 1906 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | gpfrance.com |
O Gran Premio de Francia (1906-1967: Grand Prix de l ACF, 1968-2018: Gran Premio de Francia) é unha carreira anual que forma parte do Campionato Mundial de Fórmula 1 celebrado pola Federación Internacional do Automóbil. A última carreira celebrouse en 2008, pero a carreira volveu en 2018 no circuíto Paul Ricard. O Grand Prix motor racing orixinouse en Francia e o Gran Premio de Francia, aberto á competencia internacional, é o Gran Premio máis antigo, o primeiro disputouse o 26 de xuño de 1906, baixo os auspicios da Automobile Club de France en Sarthe, cunha participación de 32 automóbiles.
Os primeiros campionatos mundiais organizáronse en 1925 co Gran Premio de Francia, a Gran Premio de Italia, o Gran Premio de Bélxica e as 500 millas de Indianápolis. O Gran Premio de Francia foi parte do campionato de Fórmula Un, desde o seu inicio en 1950 ata o 2008. Designouse como Gran Premio de Europa, catro veces, entre 1924 e 1966, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a un Gran Premio de Europa. A carreira celebrouse en diferentes circuítos en toda Francia, como o Autódromo de Montlhéry. Desde 1991 a súa sede permanente foi o Circuíto de Nevers Magny-Cours. O paso a Magny-Cours foi un intento de estimular a economía da zona, pero moita xente dentro da Fórmula Un queixouse da localización do circuíto. As carreiras de 2004 e 2005 estaban en dúbida debido a problemas financeiros e a incorporación de novos circuítos ao calendario da Fórmula Un. Estas carreiras saíron adiante como estaba previsto, pero aínda tiñan un futuro incerto. O 29 de marzo de 2007 foi anunciado pola FFSA, o promotor da carreira, que a partir Gran Premio de Francia de 2008 fariase unha "pausa" indeterminada. Esta suspensión debeuse á situación financeira do circuíto, coñecido por non ser do agrado de moitos en F1 debido á localización do circuíto.[1] O 31 de maio, Bernie Ecclestone, confirmou (nese entón) que o Gran Premio de Francia de 2007 sería o último que se celebraria en Magny-Cours.[2] Con todo, logo de varias negociacións, o futuro da carreira en Magny-Cours deu un novo xiro, aumentando a especulación de que o Gran Premio de Francia de 2008 volvería, co mesmo Ecclestone dicindo "Imos revivilo por un ano, ou algo así".[3] o 24 de xullo Ecclestone e o primeiro ministro francés reuníronse e acordaron a posibilidade de manter a carreira en Magny Cours en 2008 e 2009.[4] A confirmación foi o 27 de xullo, cando a FIA publicou o calendario para 2008. Cun Gran Premio de Francia programado en Magny-Cours, unha vez máis.[5] A carreira de 2009, foi anulada de novo o 15 de outubro de 2008, no sitio web oficial, citando "razóns económicas"[6] Foi anunciado un enorme cambio de imaxe de Magny-Cours ( "2.0"),[7][8] pero cancelado ao final. A FFSA promotor da carreira comezou a buscar unha alternativa. Houbo cinco diferentes propostas para un novo circuíto: en Ruán con 3 deseños posibles: un circuíto urbano, na zona do peirao, ou un circuíto permanente cerca do aeroporto,[9][10] un circuíto urbano situado preto de Disneyland Resort Paris,[11][12] Versalles,[13][14] e en Sarcelles (Val de France),[15] pero todos foron cancelados. Unha localización final en Flins-Les Mureaux, preto da fábrica de Renault en Flins estaba sendo considerada[16] con todo, foi cancelada e o 1 de decembro de 2009.[17] En 2010 e 2011, non houbo Gran Premio de Francia no calendario da Fórmula 1, aínda que o Circuíto Paul Ricard foi candidato para o ano 2012.[18] O Gran Premio de Francia non se incluíu no calendario de 2012.
En decembro de 2016, confirmouse que o Gran Premio de Francia volverá en 2018 no Circuíto Paul Ricard.[19][20]
10 pilotos franceses gañaron o Gran Premio de Francia, 7 antes da primeira e segunda guerra mundial e 3 no campionato de Fórmula Un. O piloto francés Alain Prost gañou a carreira 6 veces en 3 circuítos diferentes, con todo o piloto alemán Michael Schumacher gañou 8 veces, o piloto que gañou máis veces un mesmo Gran Premio. O piloto monegasco Louis Chiron gañou 5 veces, e o piloto arxentino Juan Manuel Fangio e o piloto británico Nigel Mansell gañaron 4 veces.