Unha granxa[1] (do latín: granica = celeiro) é un terreo rural no que tradicionalmente se exerce a agricultura e gandería.
Unha granxa é unha parcela, incluíndo estruturas, dedicada principalmente á produción e á xestión de alimentos (produción de hortalizas, grans ou cría de gando), fibras, e cada vez máis, combustible. É a base na produción de alimentos. As granxas poden ser de propiedade e operados por unha soa persoa, unha familia, unha comunidade, unha corporación, unha empresa... As granxas poden ser de calquera tamaño, dende unha fracción de hectárea ata varios miles de hectáreas.