Green Bay Packers

Green Bay Packers
Fundado en 1919
Sede en Green Bay, WI
Logo dos Green Bay Packers
Logo dos Green Bay Packers
Wordmark dos Green Bay Packers
Wordmark dos Green Bay Packers
LogoWordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

National Football League (1921–presente)

Uniforme actual
CoresVerde, ouro e branco               
CanciónGo! You Packers! Go!
Cadro de persoal
Propietario(s)Green Bay Packers, Inc. (360 584 socios)
PresidenteMark H. Murphy
Director xeralBrian Gutekunst
AdestradorMatt LaFleur
Historia
  • Green Bay Packers (1919–presente)
Alcume(s)
  • Indian Packers (1919)
  • Blues (1922)
  • Big Bay Blues (1920s)
  • Bays (1918–1940s)
  • The Pack (actual)
  • The Green and Gold (actual)
Campionatos
Títulos de Liga (13)
  • Super Bowl (4)
    1966 (I), 1967 (II), 1996 (XXXI), 2010 (XLV)
Conferencia (9)
  • NFL Oeste: 1960, 1961, 1962, 1965, 1966, 1967
  • NFC: 1996, 1997, 2010
División (19)
  • NFL Oeste: 1936, 1938, 1939, 1944
  • NFL Central: 1967
  • NFC Central: 1972, 1995, 1996, 1997
  • NFC Norte: 2002, 2003, 2004, 2007, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016, 2019
Estadios
  • Hagemeister Park (1919–1922)
  • Bellevue Park (1923–1924)
  • City Stadium (1925–1956)
  • Lambeau Field (1957–presente)

Os Green Bay Packers son un equipo profesional de fútbol americano con sede na cidade de Green Bay, Wisconsin. Forman parte da National Football League (NFL) como membros da National Football Conference (NFC) na súa División Norte. Son a terceira franquía máis vella da NFL, xa que se fundou e comezou a xogar en 1919.[1] Alén diso, os Packers son o único equipo equipo profesional das grandes ligas estadounidenses estabelecido no país sen ánimo de lucro e que pertence a unha comunidade de persoas e non a un único propietario.[2] O seu estadio local é o Lambeau Field, recinto inaugurado en 1957 con capacidade para 81.435 espectadores.

Os Packers son o último vestixio dos "equipos de pequenas cidades" comúns durante as décadas de 1920 e 1930. Fundados en 1919 por Earl "Curly" Lambeau e George Whitney Calhoun, a franquía recolle a testemuña doutros equipos semiprofesionais de Green Bay fundados a partir de 1896. Entre 1919 e 1920 os Packers competiron contra outros equipos semiprofesionais dos arredores de Wisconsin e en xeral do Medio Oeste norteamericano. Pouco máis tarde, en 1921, o club únese á American Professional Football Association (APFA), a antecesora da actual NFL. Aínda que Green Bay é, de lonxe, o mercado deportivo máis pequeno do deporte profesional estadounidense (a cidade apenas supera os 100.000 habitantes), a súa base local de fans e medios de comunicación esténdese 200 quilómetros ao sur até Milwaukee, onde chegaron a xogar partidos como locais entre 1933 e 1994.

A nivel deportivo, o equipo gañou o campionato de liga en 13 ocasións, o que supón o maior número de títulos da historia da NFL. Dos trece, nove foron conseguidos antes da instauración da Super Bowl e, por tanto, catro corresponden a trofeos da mesma. Os Packers gañaron as dúas primeiras Super Bowls da historia en 1967 e 1968, sendo o único equipo en derrotar ás franquías da American Football League (AFL) antes da fusión da AFL coa NFL. De feito, o trofeo da competición recibe o nome de Trofeo Vince Lombardi na honra do adestrador que guiou aos de Wisconsin aos dous títulos. As súas outras dúas Super Bowls chegaron en 1997 (XXXI) e 2011 (XLV). Os Packers manteñen unha longa rivalidade cos Chicago Bears, Minnesota Vikings e Detroit Lions, todos equipos da División Norte da NFC. De feito, a rivalidade entre os de Chicago e os de Green Bay é unha das máis antigas da NFL, xa que data de 1921.

  1. NFL.com, ed. (22 de xaneiro de 2015). "Chronology of Professional Football" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2021. Consultado o 22 de xaneiro de 2015. 
  2. Zirin, Dave (25 de xaneiro de 2011). The New Yorker, ed. "Those Non-Profit Packers" (en inglés). Consultado o 28 de decembro de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy