(en) Greenwich | ||||
Tipo | distrito vila barrio de Londres | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Greenwich, Reino Unido (pt) , Condado de Londres, Reino Unido (pt) e Kent, Reino Unido | |||
| ||||
Bañado por | Río Támesis | |||
Comparte fronteira con | Deptford (pt) Blackheath (pt) St Johns (en) Westcombe Park (en) New Cross (pt) Lewisham (pt) Kidbrooke (en) Charlton (en) Peckham (pt) Thamesmead (en) Plumstead (en) Woolwich (pt) | |||
Características | ||||
Superficie | 5.044,18 ha | |||
Greenwich é un distrito situado ó sueste de Londres, Inglaterra, na zona sur do río Támese no London Borough of Greenwich. É coñecido pola súa historia marítima e por dar nome ó Meridiano de Greenwich (lonxitude 0º) e o Greenwich Mean Time (GTM).
A vila orixinal foi o lugar no que se estaba o Palacio de Placentia do século XV, e foi o lugar de nacemento de moitos membros da Dinastía Tudor, incluíndo a Henrique VIII e Isabel I. O palacio foi destruído durante a Guerra Civil Inglesa e reconstruído como o Royal Navy Hospital for Sailors (Real Hospital da Mariña para Mariñeiros) por Sir Christopher Wren e o seu asistente Nicholas Hawksmoor. Este edificio pasou a ser o Greenwich Royal Naval College en 1873, e continuou sendo un centro de educación militar ata o 1998 cando pasou as mans da Fundación Greenwich. As habitacións históricas seguen abertas ó público, o resto é empregado pola Universidade de Greenwich e o Trinity College of Music.