Gregg Popovich

Gregg Popovich
San Antonio Spurs
Posición Adestrador
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 28 de xaneiro de 1949 (75 anos)
Indiana East Chicago, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Información da carreira
Instituto Merrillville (Merrillville, Indiana)
Universidade Air Force (1966–1970)
Historial de equipos
San Antonio Spurs (1996-presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (1999, 2003, 2005, 2007, 2014)
Adestrador do Ano da NBA (2003, 2012, 2014)
Adestrador do All-Star (2005, 2011, 2013)
Información en nba.com

Gregg Charles Popovich, nado o 28 de xaneiro de 1949 en East Chicago, Indiana, é un adestrador profesional estadounidense de baloncesto que actualmente dirixe aos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA), cos que gañou cinco títulos de campión: 1999, 2003, 2005, 2007 e 2014. É, pois, un dos únicos cinco adestradores da historia da competición con cinco ou máis aneis de campión, honra que comparte con Phil Jackson, Red Auerbach, Pat Riley e John Kundla. Coñecido habitualmente como "Coach Pop" (do inglés: Adestrador Pop) ou simplemente "Pop", é posuidor do récord de máis temporadas consecutivas conseguindo máis vitorias que derrotas da histoira da NBA, e o terceiro en golbal, só por detrás de Pat Riley con 19 e Phil Jackson con 20. É tamén un dos único nove adestradores da historia da competición que consegiu máis de 1.000 vitorias.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy