Grupo social

Un grupo social, chamado tamén grupo orgánico, é un conxunto de persoas que desenvolven rol social recíproco dentro da sociedade. Este pode ser facilmente identificado, ten forma estruturada e é duradeiro. As persoas dentro del actúan de acordo cunhas mesmas normas, valores e fins acordados e necesarios para o ben común do grupo.

Cando a adscrición a determinado grupo social está fortemente determinada por criterios económicos e está fortemente influída pola clase da familia en que nace o individuo, o grupo social dos individuos adóitase denominar clase social.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy