Guerra civil finlandesa | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Primeira guerra mundial e Revolucións de 1917-1923 | |||||||
Queima da Casa dos Traballadores da Garda Vermella durante o ataque do exército alemán e a Garda Branca a Helsinqui | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Garda Branca Jägers finlandeses Imperio alemán[2] Brigada sueca Voluntarios estonianos[3] e polacos |
Garda Vermella República Socialista Federativa Soviética de Rusia | ||||||
Líderes | |||||||
C.G.E. Mannerheim Ernst Linder Karl Fredrik Wilkama Hjalmar Frisell Hannes Ignatius Harald Hjalmarson Hans Kalm Stanislaw Prus-Boguslawski Rüdiger von der Goltz Hugo Meurer Hans von Tschirsky und von Bögendorff Konrad Wolf Otto von Brandenstein |
Ali Aaltonen Eero Haapalainen Eino Rahja Kullervo Manner Adolf Taimi Evert Eloranta Kullervo Manner Verner Lehtimäki August Wesley Hugo Salmela Heikki Kaljunen Fredrik Johansson Matti Autio Konstantin Yeremejev Mikhail Svechnikov Georgij Bulatsel | ||||||
Forzas en combate | |||||||
80 000-90 000 gardas brancos,[4] 1 450 Jägers 14 000 soldados imperiais alemáns[4] 1 000 Brigada Sueca[4] Voluntarios estonios[5] 1 737 Lexión Polaca[6] |
80 000-90 000 gardas vermellos (2 000 mulleres cunha idade media de 20 anos)[4] 7 000-10 000 soldados do desaparecido Exército Imperial ruso[4] | ||||||
Baixas | |||||||
Brancos 3 500 mortos en combate 1 650 executados 46 desaparecidos 4 mortos nos campos de concentración Alemáns 450-500 mortos en combate[7] Suecos 55 mortos en combate Total 5 700–5 800 baixas (100–200 neutrais/civís "brancos") |
Vermellos 5 700 mortos en combate 10 000 executados 1 150 desaparecidos 12 500 mortos nos campos de concentración, 700 mortes agudas despois da liberación Rusos 800–900 mortos en combate 1 600 executados[7] Total 32 500 baixas (100–200 neutrais/civís "vermellos") |
A guerra civil finlandesa[nb 1] foi un conflito polo liderado e control de Finlandia durante o período de transición que viviu o país desde que deixou de ser un Gran Ducado do Imperio ruso para converterse nun estado independente. O enfrontamento tivo lugar no contexto da axitación nacional, política e social causada pola primeira guerra mundial e a revolución rusa de 1917. Dun lado se encontraban as forzas socialdemócratas, dirixidas pola delegación popular de Finlandia, comunmente coñecidos como «vermellos» (punaiset). Doutro lado se encontraban as forzas do senado, controladas desde o outono anterior polos conservadores —que pretendían manter o statu quo; é dicir, conservar a independencia e a monarquía constitucional sen parlamentarismo—, popularmente coñecidos como «brancos» (valkoiset). As forzas paramilitares dos Gardas Vermellos, compostas por traballadores industriais e agrarios, controlaron as cidades e os centros industriais do sur de Finlandia. Pola súa banda, as forzas dos Gardas Brancos, compostas por granxeiros e outros membros das clases sociais media e alta, controlaban o rural no centro e norte do país.
Nos anos anteriores ao conflito, a sociedade finlandesa experimentara un gran crecemento da poboación, unido a industrialización, pre-urbanización e o incremento dun exhaustivo movemento obreiro. Os sistemas políticos e gobernamentais do país estaban aínda nunha fase inestable de modernización e democratización. As condicións socioeconómicas e de educación na poboación melloraban de xeito gradual, así como o pensamento nacional e a vida cultural espertaron.
A primeira guerra mundial deu lugar ao colapso do Imperio ruso, provocando un baleiro de poder no Gran Ducado de Finlandia. A subsecuente loita polo poder levou á militarización e escalada da crise entre o movemento obreiro de esquerdas e os conservadores. Os Vermellos levaron a cabo sen éxito unha ofensiva en febreiro de 1918, co apoio da Rusia soviética. A contraofensiva dos Brancos comezou en marzo, recibindo o apoio militar do imperio alemán desde abril. Os enfrontamentos decisivos foron as batallas de Tampere e Viborg (finés: Viipuri; sueco: Viborg), gañadas polos Brancos, e as batallas de Helsinqui e Lahti, gañada polas tropas alemás, o que deu lugar a vitoria dos Brancos e as forzas alemás na contenda. A violencia política tamén formou parte do enfrontamento. Arredor de 12 500 prisioneiros de guerra Vermellos morreron de desnutrición e enfermidades nos campos de prisioneiros. Arredor de 39 000 persoas, das cales 36 000 eran finlandeses, morreron no conflito.
Finlandia pasou de estar na esfera de influencia rusa á alemá. O senado conservador intentou establecer unha monarquía finlandesa, cun rei alemán: o príncipe Frederico Carlos de Hesse-Kassel, pero, tras a derrota alemá na Gran Guerra, Finlandia emerxeu como unha república democrática independente.[10]
A guerra civil segue sendo o evento máis controvertido e emocional na historia da Finlandia moderna, e existiron disputas sobre o nome que debía dárselle ao conflito.[11] Desarticulou a economía finlandesa e dividiu o aparato político e á nación finlandesa durante moitos anos, aínda que finalmente se logrou chegar á cohesión a través de compromisos sociais baseados na moderación política e relixiosa, así como grazas á recuperación económica que viviu o país tras a posguerra.[12]
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "nb", pero non se atopou a etiqueta <references group="nb"/>
correspondente