Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2014) |
Guerra das Malvinas | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Movementos das frotas contendentes e distancia ás súas bases. | |||||||||||||
| |||||||||||||
Belixerantes | |||||||||||||
Arxentina |
Reino Unido Illas Malvinas | ||||||||||||
Líderes | |||||||||||||
Leopoldo Galtieri |
Margaret Thatcher | ||||||||||||
Forzas en combate | |||||||||||||
Exército: 10.100
Mariña: 3.421 Forza Aérea: 1.069 Avións: 216 Lista
|
Exército: 10.700
Mariña: 13.000 Forza Aérea: 6.000 Avións: 117 Lista
| ||||||||||||
Baixas | |||||||||||||
649 mortos 1.068 feridos 11.313 capturados 47 aeronaves destruídas 6 barcos afundidos |
255 mortos 775 feridos 115 capturados 34 aeronaves destruídas 8 barcos afundidos |
A guerra das Malvinas ou guerra do Atlántico Sur foi un conflito armado entre a Arxentina e o Reino Unido ocorrido nas illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur entre o 2 de abril e o 14 de xuño de 1982 pola soberanía sobre estes arquipélagos austrais ocupados en 1833 e dominados desde entón por Reino Unido. Aínda así, a Arxentina ségueos a reclamar como propios e inclúeos nominalmente dentro da súa provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur.
O saldo final da guerra foi a reocupación das Malvinas polo Reino Unido e a morte de 649 arxentinos[1] e 258 británicos [2]. Na Arxentina, a derrota no conflito precipitou a caída da Xunta militar que gobernaba o país tralo golpe de Estado de 1976, e a restauración da democracia como forma de goberno.