Guerra das correntes

O inventor e empresario estadounidense, Thomas Alva Edison, estableceron a primeira compañía eléctrica de investidores en 1882, baseándose na súa infraestrutura de corrente continua (DC).

A Guerra das correntes (ás veces chamada batalla das correntes) foi unha serie de acontecementos que envolvían a loita motivada pola introdución de sistemas de transmisión de enerxía eléctrica nos Estados Unidos, xerados entre finais da década dos 1880 e comezos da década de 1890, coa expectativa dos enormes beneficios que as grandes empresas esperaban obter do rápido crecemento da empresa de subministración eléctrica como pano de fondo.

Nun ambiente de feroz competencia comercial, desencadeouse un debate público sobre seguridade eléctrica, acompañado de campañas de propaganda nos medios. Os sistemas de corrente continua (DC) da Edison Company e de corrente alterna (AC) de Westinghouse Electric, coas súas respectivas vantaxes e inconvenientes, convertéronse nos protagonistas do enfrontamento entre as empresas. Ao lado dos defensores da corrente continua, destacou Edison (no momento no cumio do seu prestixio como inventor e empresario); enfrontado a George Westinghouse (un empresario do sector ferroviario) que tiña escoitado as grandes posibilidades técnicas da corrente alterna apoiada polas patentes de Nikola Tesla.

O empresario e enxeñeiro estadounidense George Westinghouse introduciu en 1886 unha rede de distribución de potencia rival baseada na corrente alterna (AC).

A disputa desenvolveuse coincidindo coa introdución e rápida expansión do estándar de corrente alterna (xa en uso e defendida por varias empresas americanas e europeas)[1] e a súa eventual adopción substituíndo o sistema de distribución de corrente continua. Malia a popularidade de Edison e os seus descubrimentos e inventos, foi a corrente alterna defendida por Tesla a que prevaleceu para a distribución de electricidade desde entón ata hoxe.

  1. "AC Power History and Timeline". 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in