Guerra dos Trinta Anos

Guerra dos Trinta Anos

Mapa de Europa en 1648 trala Paz de Westfalia. As rexións en gris representan aos pequenos estados alemáns incluídos no Sacro Imperio Romano Xermánico.
Data 23 de maio de 1618-15 de maio de 1648
(29 anos, 11 meses, e 22 días)
Lugar Europa (maiormente na actual Alemaña)
Resultado Paz de Westfalia
Belixerantes
Estados Anti-Habsburgo e Aliados:

Imperio sueco (desde 1630)
Provincias Unidas
Reino de Francia (desde 1635)
Inglaterra Reino de Inglaterra(1625–30)[2]
Reino de Bohemia (1618-1620)
Dinamarca Reino de Dinamarca e Noruega (1625-1629)[3]
Escocia Reino de Escocia (1625–38)[4]
Electorado de Saxonia
Electorado do Palatinado (ata 1623)
Principado de Transilvania
Brandeburgo-Prusia
Ducado de Brunswick-Luneburgo
Rebeldes romaneses e húngaros anti-Habsburgo[5]

Apoiados por:
Imperio Otomán
Tsarato ruso[6]
Sich de Zaporizhia

Estados dos Habsburgo e Aliados:

Imperio español
Sacro Imperio Romano Xermánico

Ducado de Baviera (ata 1623)
Electorado de Baviera (desde 1623) Reino de Hungría[7]
Reino de Bohemia (1643-1645)
Reino de Croacia
Dinamarca Reino de Dinamarca e Noruega (1643-1645)[8]

Apoiados por:
Confederación Polonia-Lituania

A guerra dos Trinta Anos foi unha guerra europea librada principalmente na Europa central entre os anos 1618 e 1648. Aínda que inicialmente se tratou dun conflito relixioso entre católicos e protestantes, o motivo central foi a disputa entre as potencias europeas por conseguiren unha situación de equilibrio ou ben, no caso doutras, por conseguiren unha situación de hexemonía (neste caso a casa dos Habsburgo en España e a casa de Austria, que eran católicos). A guerra dos Trinta Anos acabou coa paz de Westfalia e a paz dos Pireneos. Con todo, tamén pode describirse non como unha soa guerra, senón dunha longa serie de conflitos desenvolvidos principalmente en Europa central.

Esta guerra pódese dividir en 4 etapas :

  • A revolta de Bohemia.
  • A intervención danesa.
  • A intervención sueca.
  • A intervención francesa.
  1. Helmolt, Hans Ferdinand (1903). W. Heinemann, ed. The World's History: Western Europe to 1800 (en inglés). p. 573. ISBN 0-217-96566-0. 
  2. En guerra con España 1625–30 (e con Francia 1627–29). Tamén loitaron seis mil ingleses ás ordes de Charles Morgan nas campañas dinamarquesas; procedían, en gran parte, da famosa brigada inglesa de catro rexementos con base na república holandesa.
  3. Aliñado coas potencias católicas no período 1643-1645.
  4. Escocia declarou a guerra e loitou contra España no período 1625–1630 e contra Francia en 1627–1629, levando o conflito maiormente ao mar. Ademais do envío de dous mil combatentes para a campaña contra Francia en 1627, corsarios escoceses acosaban aos buques de mercadorías franceses e capturaron e ocuparon as colonias francesas de Nova Scotia, Cabo Bretón e Quebec. O Consello Privado escocés amparaba tamén aos 13.700 soldados dinamarqueses que loitaron baixo a bandeira escocesa, quen foron inicialmente liderados polo católico Robert Maxwell, Earl de Nithsdale, e polo máis famoso Donald Mackay, Lord Reay. En 1630, oito mil británicos máis, a maioría escoceses, loitaron e Alemaña baixo o mando do marqués de Hamilton, James Hamilton, e foron chamados explicitamente o "exército británico", estando baixo a tutela dos Consellos Privados inglés e escocés para o servizo aliado en Suecia. Xuntaron unha cantidade estimada de 12.000 escoceses, xa no servizo en Suecia comandados polo xeneral Sir James Spens, Alexander Leslie, Patrick Ruthven e John Hepburn. Este último liderou unha brigada escocesa en Francia no período 1634-1636, despois do cal caeu baixo o control da familia Douglas. Durante a totalidade da guerra, os escoceses mantiveron unha brigada de tres rexementos en Holanda. O período 1625-1638 foi o de maior compromiso escocés coa alianza anti-Habsburgo
  5. Ágnes Várkonyi (1999). Age of the Reforms. Magyar Könyvklub. ISBN 963-547-070-3. into line with army of Gabriel Bethlen in 1620 
  6. Russia apoiou a Suecia contra Polonia-Lituania (Guerra de Smolensk)
  7. =Ervin Liptai (1985). Military history of Hungary. Zrínyi Military Publisher. ISBN 9633263379. 
  8. Dinamarca loitou contra Suecia e Holanda na Guerra de Torstenson

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in