O guiador[1] dunha bicicleta ou motocicleta é o equivalente ao volante nos vehículos de catro rodas. É a peza que serve para guiar a roda dianteira e nela adoitan situarse os freos e, de ser o caso, o acelerador e os espellos retrovisores. Hainos de diferentes tamaños, formas e materiais, como por exemplo ferro, titanio, carbono ou aluminio.