República de Guinea Ecuatorial (es) République de Guinée équatoriale (fr) República da Guiné Equatorial (pt) | |||||
Himno | Caminemos pisando las sendas de nuestra inmensa felicidad | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Unity, Peace, Justice (en) » | ||||
Epónimo | golfo de Guinea e Ecuador terrestre | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Malabo (–2020) | ||||
Contén a división administrativa | Bioko Norte Bioko Sur Centro Sur (pt) Djibloho (en) Kié-Ntem (pt) Litoral (pt) Província de Annobón (pt) Wele-Nzas (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.267.689 (2017) (45,19 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá lingua francesa lingua portuguesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | África central PALOP Imperio Portugués (1472–1778) Imperio Español (1778–1968) European colonies in Africa (en) (–1968) | ||||
Superficie | 28.051 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Punto máis alto | Pico Basilé (3.011 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 12 de outubro de 1968 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | Teodoro Obiang Nguema | ||||
Órgano executivo | Government of Equatorial Guinea (en) | ||||
• Primeiro ministro | Manuela Roka Botey (pt) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Equatorial Guinea (en) , (Escano: 170) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 12.269.393.392 $ (2021) | ||||
Moeda | franco CFA de África Central | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .gq | ||||
Prefixo telefónico | +240 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 115, 113 e 114 (pt) | ||||
Código de país | GQ | ||||
Páxina web | guineaecuatorialpress.com | ||||
Guinea Ecuatorial[1][2] (en francés: Guinée équatoriale; en portugués: Guiné Equatorial) é un país da África central, e un dos países máis pequenos da África continental, cunha área de 28 000 km². Antigamente foi unha colonia española coñecida como Guinea Española, e obtivo a súa independencia o 12 de outubro de 1968. O nome que adoptou o país tras obter a súa independencia débese á proximidade co Ecuador e a estar situado no golfo de Guinea. Guinea Ecuatorial é o único estado soberano africano no que o castelán é a lingua oficial. No ano 2015, o país tiña unha poboación estimada de 1 222 245 persoas.[3]
Guinea Ecuatorial componse de dúas partes, unha insular e outra continental. A rexión insultar componse das illas de Bioko (antiga Fernando Pó) no Golfo de Guinea e Annobón, unha pequena illa volcánica que é a única zona do país situada ó sur do ecuador. A illa de Bioko é a zona máis setentrional de Guinea Ecuatorial e é onde se atopa a capital do país, Malabo. A nación lusófona de San Tomé e Príncipe atópase entre Bioko e Annobón. A rexión continental, Río Muni, limita co Camerún polo norte e con Gabón polo sur e leste. No continente atópase Bata, a meirande cidade do país, e Ciudad de la Paz, a futura capital do país. Río Muni tamén inclúe numerosas illas pequenas, como Corisco, Elobey Grande e Elobey Chico. O país é membro da Unión Africana, da Francofonía, da OPEC e da CPLP.