Harriet Beecher Stowe, nada con nome de Harriet Elisabeth Beecher en Litchfield (Connecticut) o 14 de xuño de 1811 e finada en Hartford (Connecticut) o 1 de xullo de 1896, foi unha abolicionista e escritora estadounidense.
O seu libro máis famoso é Uncle Tom's Cabin, no que narra a historia da vida na escravitude. Foi publicado primeiramente por episodios seriais de 1851 a 1852 no voceiro abolicionista The National Era, editado por Gamaliel Bailey. Aínda que Stowe nunca pisara o Sur estadounidense, publicou A Key to Uncle Tom's Cabin, un traballo real que documenta a veracidade da súa descrición das vidas dos escravos na novela orixinal. A súa segunda novela foi Dred: A Talle of the Great Dismal Swamp, tamén en contra da escravitude.