A serie de filmes de Harry Potter está baseada nas sete novelas de Harry Potter escritas pola británica J. K. Rowling. Unha vez finalizada, a saga estará formada por oito filmes de fantasía e aventuras. A franquía está distribuída por Warner Bros. Pictures, producida por David Heyman e protagonizada por Daniel Radcliffe, Rupert Grint e Emma Watson como os tres personaxes principais, Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger respectivamente. As recadacións en salas internacionais converten á saga na que máis ingresos obtivo en todos os tempos, con cifras que acadan os 6 mil millóns de dólares.