Harry Potter e as reliquias da morte

Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre os filmes e mais os videoxogos.
Harry Potter e as reliquias da morte
Monte de libros arrombados nunha libraría
de Stirling na noite da presentación do libro.
Título orixinalHarry Potter and the Deathly Hallows
Autor/aJ. K. Rowling
CubertaGalicia Dolores Avedaño[1]
Jason Cockcrof
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónHarry Potter
Tema(s)Magia de Harry Potter e Harry Potter
Xénero(s)Fantasía, misterio
EditorialGalicia Galaxia
Bloomsbury
Data de pub.Galicia 21 de febreiro de 2008
21 de xullo de 2007
FormatoCapa dura
PáxinasGalicia 632
ISBNISBN 978-84-9865-050-1
Precedido porHarry Potter e o misterio do príncipe
Seguido porHarry Potter and the Cursed Child
TraduciónLaura Sáez
editar datos en Wikidata ]

Harry Potter e as reliquias da morte é o nome do sétimo e derradeiro libro da saga de Harry Potter escritos pola británica J. K. Rowling. O título en inglés foi revelado na páxina web oficial da súa autora o 21 de decembro de 2006. Máis tarde, o 1 de febreiro de 2007 anunciouse oficialmente que a data da publicación da edición en inglés do libro será o 21 de xullo de 2007. A data de publicación da edición en galego foi o 21 de febreiro de 2008[2], simultaneamente coas versións en castelán e catalán.

O sétimo libro é a conclusión e culminación da saga. Trata acerca do mozo Harry Potter e a súa busca e destrución dos restantes Horcrux (partes da alma de lord Voldemort) para acabar dunha vez co mago escuro.

O sexto libro deixou varias cuestións sen responder, e os fans queren saber como acabarán os eventos na serie, o cal fai deste libro moi agardado. J. K. Rowling dixo que, máis ca calquera outro libro de Harry Potter, o sétimo libro será unha continuación da historia incompleta do sexto libro.

Por outra banda, J. K. Rowling sinalou que non ten intencións de escribir un oitavo libro (secuela dos anteriores), nin unha precuela; pero tamén dixo que é posible que escriba libros que xoguen un papel secundario ou que teñan un fin caritativo, como Fantastic Beasts and Where to Find Them ou Quidditch Through the Ages que publicou anteriormente.

  1. Dolores Avedaño foi a encargada de realizar a portada para a versión en castelán, mais os seus debuxos usáronse tamén para as versións galegas e hispanoamericanas.
  2. O final de Harry Potter, en galego o 21 de febreiro. Vieiros. 20 de novembro de 2007

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in