Harry Potter e o preso de Azkaban

Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre o filme e mais o videoxogo.
Harry Potter e o preso de Azkaban
Título orixinalHarry Potter and the Prisoner of Azkaban
Autor/aJ. K. Rowling
Ilustrador/aCliff Wright
CubertaGalicia Dolores Avedaño[1]
Cliff Wright
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónHarry Potter
Tema(s)wizard in the Harry Potter universe e Magia de Harry Potter
Xénero(s)Fantasía
EditorialGalicia Galaxia
Bloomsbury
Data de pub.Galicia 2004
8 de xullo de 1999
FormatoCapa dura
PáxinasGalicia 384
ISBNISBN 978-84-8288-696-1
Precedido porHarry Potter e a Cámara dos Segredos
Seguido porHarry Potter e o Cáliz de fogo
Premios
TraduciónEva Almazán
editar datos en Wikidata ]

Harry Potter e o preso de Azkaban é a terceira novela da saga Harry Potter escrita por J. K. Rowling e que ten como protagonista a Harry Potter, un mozo meigo. O trama do libro céntrase no terceiro ano de Harry na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería e na fuxida dun perigoso asasino, Sirius Black, escapado do cárcere de Azkaban, e que semella estar disposto a atopar e matar a Harry. Este é o único libro da serie que non trata directamente de Lord Voldemort, pola contra, profunda máis na historia dos pais de Harry e dos amigos que tiveron na infancia.

O libro saíu á venda o 8 de xullo de 1999 publicado por Bloomsbury no Reino Unido e no ano 2004 en Galicia pola Editorial Galaxia coa tradución de Eva Almazán. A novela gañou o premio Whitbread Book e o premio Bram Stoker, ambos en 1999, e o premio Locus en 2000[2]. A versión cinematográfica do libro, dirixida polo mexicano Alfonso Cuarón, estreouse en 2004.

  1. Dolores Avedaño foi a encargada de realizar a portada para a versión en castelán, mais os seus debuxos usáronse tamén para as versións galegas e hispanoamericanas.
  2. "2000 Award Winners & Nominees". Worlds Without End. Consultado o 22 de xullo de 2009. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in