Heliosfera

O Sistema Solar, a escala logarítmica, amosando a heliosfera e rexións moita máis afastas coma a nube de Oort e incluso Alpha Centauri

A heliosfera é o nome que se lle dá á rexión do espazo que se atopa baixo a influencia do vento solar, a cal se compón de ións procedentes da atmosfera solar e que descansa no medio interestelar. Aínda que os átomos electricamente neutros poden penetrar na heliosfera procedentes do medio interestelar, na práctica todo o material da heliosfera procede do Sol. Ó longo de varias décadas pensábase que se estendía coma unha longa cola de cometa, pero os datos das sondas Cassini e IBEX amosan que posúe unha forma diferente.[1][2]

Nos primeiros mil millóns de quilómetros do seu radio, o vento solar viaxa por riba do millón de km/h.[3][4] Así coma comeza a entrar no medio interestelar, vai perdendo velocidade ata deterse totalmente. O punto onde o vento solar comeza a viaxar por debaixo da velocidade do son chamase choque de terminación; o punto no que a perda de presión do vento solar causada pola dispersión inherente á súa difusión radial iguala á presión exterior do medio interestelar chamase heliopausa, a rexión entre a heliopausa e o choque de terminación é chamada heliofunda; o punto no que o medio interestelar viaxa cara ó Sol e colisiona contra a heliosfera é chamado bow shock (estela de choque), a hipotética rexión entre o bow shock e a heliopausa chamase valado de hidróxeno.

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome jhopkins
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ibex09
  3. Dr. David H. Hathaway (18-06-2007). NASA, ed. "The Solar Wind". Arquivado dende o orixinal o 22-08-2011. Consultado o 2007-12-11. 
  4. Robert Roy Britt (15-03-2000). SPACE.com, ed. "A Glowing Discovery at the Forefront of Our Plunge Through Space". Arquivado dende o orixinal o 16-07-2008. Consultado o 24-05-2006. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in