Fillo dun enxeñeiro de minas, Moore volveuse coñecido coas súas esculturas abstractas a grande escala, de broncefundido e de mármore. Co apoio substancial da institución de arte británica, Moore axudou a introducir unha forma especial de modernismo no Reino Unido.
Formou parte da Federación de Artistas Británicos (Federation of British Artists), recibindo varias condecoracións.
Frecuentou o Leeds College of Art e o Royal College of Art de Londres. A súa primeira exposición individual ocorreu en Londres, en 1928, onde presentou 42 esculturas e 51 deseños.
Recibiu influencias sobre todo da arte mexicanaprecolombiana, así como da arte arcaica e renacentista, do Surrealismo e do Construtivismo. A esa cultura visual vasta e multiforme do artista sómase unha sensíbel capacidade de análise da natureza.