Herbario

Exemplar de herbario de Vitellaria paradoxa adecuadamente montada nunha folla de papel, coa súa etiqueta de identificación.

En botánica, un herbario[1] (do latín herbarium)[2] é unha colección de plantas ou de partes de plantas, secadas, conservadas da mellor maneira posíbel,[2] identificadas e acompañadas de información crítica como a identidade do colleiteiro, o lugar e a data da recolección e o hábitat onde se encontraba a planta.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para herbario.
  2. 2,0 2,1 Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3, p. 558

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in