O hermafroditismo dáse cando un mesmo ser vivo ten os aparellos sexuais masculino e feminino ou un aparello mixto, pero é capaz de producir gametos de ambos os tipos ao mesmo tempo. Isto permítelle ao organismo actuar unhas veces como macho e outras como femia.[1] Non obstante, o máis común é a fecundación cruzada entre individuos hermafroditas; tamén existen algúns casos, como nos corais, nos que se producen gametos xa fecundados. Un exemplo de animal hermafrodita é o percebe.