Hermes

Véxase tamén: Hermes (avión espacial).
Hermes Ingenui, copia romana do orixinal grego do século V a. C., museo Pío-Clementino, Vaticano.

Hermes é o deus mensaxeiro, o que anuncia as noticias, o protector dos camiños e guía do viaxeiro. Fillo de Zeus e de Maia, sendo aínda moi neno xa deixou sentir o espírito inquedo e aventureiro: coa coiraza dunha tartaruga inventou a lira e cambioulla ao seu irmán Apolo (a quen astutamente lle roubara o seu gando) polo caduceo ou bastón da concordia. Protector do comercio e do que pacta en tratos, pasa por ser o inventor dos pesos e medidas nas transaccións comerciais.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in