Hidroxilo

Modelo tridimensional dun grupo hidroxilo.

Un hidroxilo é un grupo formado por un átomo de osíxeno unido covalentemente cun átomo de hidróxeno, que aparece en compostos como os alcohois, fenois, ácidos carboxílicos e sulfónicos, oxoácidos e bases [1]. Por hidroxilo pódense entender estas tres cousas:

  • O grupo funcional -OH, chamado grupo hidroxilo, hidroxil, grupo alcohólico ou grupo OH. Trátase dun grupo químico unido covalentemente a unha molécula, como sucede nos alcohois. Por exemplo CH3-OH (metanol).
  • O anión hidroxilo (OH-) ou anión hidróxido. Aquí o hidroxilo está cargado negativamente en forma de anión e forma parte de substancias como os hidróxidos, formadas por un metal e un anión hidroxilo. Por exemplo, NaOH [2].
  • O radical hidroxilo (·OH), que é un grupo OH libre pero neutro e moi reactivo.
  1. McGraw-Hill Science & Technology Encyclopedia
  2. Hydroxide, hydroxyl? Aren't they the same thing?

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in