Himno nacional de Bolivia

Himno nacional de Bolivia
Himno de Bolivia
LetraJosé Ignacio de Sanjinés
MúsicaLeopoldo Benedetto Vincenti
Adoptado1845
Mostra da música
noicon

O Himno Nacional de Bolivia, orixinalmente chamado Canción Patriótica, é unha marcha —en compás de 4/4, aínda que popularmente cántase en 12/8— con letra de José Ignacio de Sanjinés e música de Leopoldo Benedetto Vincenti.[1] Foi estreado na cidade de A Paz, fronte ao Palacio de Goberno, ao mediodía do 18 de novembro de 1845, por uns 90 instrumentistas pertencentes ás bandas militares dos batallóns quinto, sexto e oitavo. Ese día festexábase o cuarto aniversario da batalla de Ingavi.

En 1851, durante o goberno do xeneral Manuel Isidoro Belzu, mediante decreto supremo oficializouse o Himno Nacional de Bolivia e mandouse imprimir para que fose distribuído nas escolas, que dende entón se executa e entoa en todos os actos oficiais escolares.

  1. Pizarra. "El Himno Nacional". Arquivado dende o orixinal (HTML) o 28 de marzo de 2010. Consultado o 27 de febreiro de 2019. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy