Histona H4

Histona H4, familia 3
Identificadores
Símbolo H4F3
Entrez 3023
HUGO 4780
UniProt P62805
Outros datos
Locus Cr. 3 q13.13

A histona H4 é un dos cinco grandes tipos de proteínas histonas que forman parte da estrutura da cromatina nas células eucariotas. Forma parte dos nucleosomas, que forman a estrutura en "colar de doas" da cromatina. Presentan un gran dominio globular e unha longa cola N-terminal. As proteínas histonas son moi modificadas postraducionalmente. As modificacións covalentes que sofre inclúen a acetilación e a metilación das colas N-terminais. Estas modificacións poden alterar a expresión de xenes localizados en ADN asociado co seu octámero de histonas parental.[1][2] A histona H4 é unha importante proteína na estrutura e función da cromatina, na cal se cre que as súas variantes de secuencia e os seus distintos estados de modificación xogan un papel na dinámica e regulación a longo prazo dos xenes.

  1. Bhasin M, Reinherz EL, Reche PA (2006). "Recognition and classification of histones using support vector machine". J. Comput. Biol. 13 (1): 102–12. PMID 16472024. doi:10.1089/cmb.2006.13.102. 
  2. Hartl Daniel L.; Freifelder David; Snyder Leon A. (1988). Basic Genetics. Boston: Jones and Bartlett Publishers. ISBN 0-86720-090-1. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in