Historia da China

Historia da China

Mapa de 1892.
Historia de China
Cronoloxía Cronoloxía da China
Categoría Historia da China
Prehistoria
Prehistoria da China
Idade Antiga
Historia antiga da China
-III milenio
-2205: Dinastía Xia
-II milenio
-1570: Dinastía Shang
-1046: Dinastía Chou
-I milenio
-722: Primaveras e Outonos
-453: Reinos Combatentes
-221: Dinastía Qin
-206: Dinastía Han
Século I
9: Dinastía Xin
25: Dinastía Han
Século III
220: Tres Reinos
265: Dinastía Jin
Século IV
304: Dezaseis Reinos
Idade Media
Historia medieval da China
Século V
420: Dinastías do Norte e do Sur
Século VI
581: Dinastía Sui
Século VII
618: Dinastía Tang
690 - 705: Wu Zetian
Século X
907: As Cinco Dinastías e os Dez Reinos
960: Dinastía Song
Século XI
960: Dinastía Xixia
Século XII
1115: Segunda dinastía Jin
Século XIII
1234: Dinastía Yuan
Século XIV
1368: Dinastía Ming
Idade Moderna
Historia moderna da China
Século XVII
1644: Dinastía Qing
Idade Contemporánea
Historia contemporánea da China
Século XX
1912: República Popular da China
Relacionados
Artigos Os tres Augustos e os cinco Emperadores

A historia da China abrangue a historia da China e a dos seus estados predecesores. Trátase dunha das civilizacións máis antigas do mundo con continuidade até a actualidade, ten as súas orixes na conca do río Amarelo, onde xurdiron as primeiras dinastías Xia e Shang. A existencia de documentos escritos dende a antigüidade permitiron o desenvolvemento na China dunha tradición historiográfica moi precisa, que ofrece unha narración continua dende as primeiras dinastías até a idade contemporánea.

China é unha das civilizacións antigas máis vellas de todo o mundo que durou dende antes de que Cristo nacese até os nosos tempos. O zodíaco chinés ten 12 animais que son: o can, a serpe, a rata, o boi, a cabra, o mono, o porco, o tigre, o coello, o galo, o dragón e o cabalo, cada un destes animais reina durante todo un ano.

A enorme extensión de territorio ocupado polo estado actual da República Popular da China fai que a historia de todo este territorio sexa a dun gran número de pobos. O fío condutor da historia chinesa céntrase no grupo étnico han, que están intimamente asociados á evolución da lingua chinesa e o seu sistema de escritura, baseado nos caracteres. Nesta continuidade cultural e lingüística establécese unha liña expositiva da historia da civilización china, que, dende os textos máis antigos do I milenio a. C., como os clásicos confucianos, e polas grandes historias dinásticas promovidas polos emperadores, se segue utilizando. Os descubrimentos arqueolóxicos do século XX, moi en especial os dos ósos oraculares, que recollen as primeiras manifestacións escritas en chinés, contribuíron nas últimas décadas a un coñecemento máis detallado das orixes da civilización china.

A narración tradicional chinesa da historia baséase no chamado ciclo dinástico, mediante o cal os acontecementos históricos explícanse como o resultado de sucesivas dinastías de reis e emperadores que pasan por etapas alternas de auxe e declive. Os emperadores poñíanlle aos anos o seu apelido, o 1700 foi na China o ano 38 da era Kangxi, mentres que o 1750 era o ano 15 da era Qianlong. Incluso hoxe en día, en Taiwán ao ano 2007 denomínase en certos contextos como o 96 da República. Este uso das dinastías e os seus emperadores para a propia datación dos anos fixo imprescindible o dominio da cronoloxía dinástica para penetrar no estudo da historia da China.

Mapa político animado da historia chinesa por Dinastías.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy