Historia da arquitectura

A Historia da Arquitectura estuda a evolución e historia da Arquitectura no mundo considerando varias influencias, a artística, sociocultural, política, económica e tecnolóxica. En xeral, a cuestión é como relacionar o significado (funcións intanxibles, propostas, símbolos) co medio construído (táboas, xanelas, teitos, camiños) a través das necesidades da vida (comida, traballo, comunidade etc.) no contexto histórico. A Historia da Arquitectura, como calquera outra forma de coñecemento, é moi subxectiva sobre as limitacións e potenciais da historia divisada como unha disciplina. Polo tanto, houbo moitas perspectivas no estudo da Arquitectura, a maioría delas occidentais.

No século XIX, a arquitectura do pasado foi entendida como unha perspectiva formal, facendo énfase nas características morfolóxicas da forma, técnica e materiais. Neste período tamén foi vista a emerxencia individualista do arquitecto, a amálgama de cuxas intencións converteríanse no suxeito dos movementos artísticos. Sobre isto, a historia da arquitectura é unha subcategoría da historia da arte, a cal céntrase na evolución dos principios e estilos no deseño dos edificios e das cidades.

Baixo as presións do pluralismo posmoderno, teorías recentes intentaron abrir a arquitectura a unha nova variedade de interpretacións. Novas teorías lingüísticas foron populares na metade dos noventa e intentaron "ler" os elementos arquitectónicos como unha linguaxe autónoma, contribuíndo ó curso do proxecto da Teoría Crítica. O traballo de Hermeneutics constitúe outra perspectiva da historia da arquitectura e céntraa sobre a situación natural entendida fenomenoloxicamente. Aínda que ambos identifiquen a arquitectura como unha especie de linguaxe, eles difiren nas referencias; a Teoría Crítica é amplamente autoreferenciada, mentres que Hermeneutics é contextual.

O clima de oportunismo pode ser visto como unha reacción ós aspectos metafísicos das teorías anteriores, así como unha vantaxe no manifesto supermoderno na Globalización, logo no Capitalismo e nas democracias neo-liberais. Un incremento da conciencia na influencia colonialista tamén animara a unha reexaminación da arquitectura nos países colonizados recentemente e procura liberar a súa historia e práctica dalgunhas inapropiadas doutrinas occidentais.

O feito de considerar á historia da arquitectura coma unha disciplina no mundo occidental reflíctese na claridade do desenvolvemento da arquitectura de occidente, mentres que no mundo non occidental ao estudar o desenvolvemento da arquitectura non nos decatamos dunha variación do seu contexto histórico. Isto é moito máis complexo nas actuacións do colonialismo occidental. Algúns historiadores posmodernos tentaron dirixir estes temas, pero a complexidade da materia non fixo posible un acordo sobre o asunto. Mais, en xeral, pode dicirse que a historia da arquitectura reflicte o desenvolvemento histórico do seu tempo.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy