Historia da interlingua

Alice Vanderbilt Morris, fundadora da IALA.

A Historia da Interlingua inclúe a formación da lingua e a historia da comunidade de falantes. O crédito final debe recaer na herdeira estadounidense Alice Vanderbilt Morris (1874–1950) que se interesou pola lingüística e polo movemento internacional das linguas auxiliares a principios dos anos vinte. En 1924, Morris e o seu marido, Dave Hennen Morris, fundaron a IALA (International Auxiliary Language Association) en Nova York. O seu obxectivo era o estudo das linguas auxiliares internacionais desde unha base científica.[1]

A investigación sobre o problema da linguaxe auxiliar progresou en diversas institucións: o International Research Council, o American Council on Education, o American Council of Learned Societies, as distintas asociacións para o avance da ciencia (nos Estados Unidos, Francia, Italia e o Reino Unido) e outros grupos especializados. Morris creou a IALA como continuación do seu traballo e desenvolveu o programa de investigación IALA en consulta con Edward Sapir, William Edward Collinson e Otto Jespersen.

  1. Julia S. Falk: «Words without grammar: linguists and the international language movement in the United States», artículo en Language and Communication, 15 (3): páxs. 241-259. Pergamon, 1995.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy